miércoles, 13 de mayo de 2015

"A Esmorga" de Eduardo Blanco Amor

Resultado de imagen de imagenes da esmorgaComo xa sabedes o libro que nos ocupa este mes, no club de lectura "O niño do pardal", e A Esmorga do xenial Eduardo Blanco Amor.
Donde se nos conta unha esmorga de unhos rapaces mozos, que transcurre dunha en outra desgracia e acaba da única maneira que podía acadar, en traxedía.
Os feitos desenvolvense nunha vila galega, Auria. Polas claras referencias do relato , as Burgas, Xardins de Posío, Ponte Maior, e outras localidades parece que se trata de Ourense.
A narración ponse en boca dun dos mozos, Cibran, que a vai contando no Xuzgado de Auria, a un "Señor" que ben podería ser o Xuiz.
Toda a obra e un dialogo de preguntas e respostas, unha declaración de feitos. En ningún momento se incluen as preguntas do "Señor" unicamente as respostas do Cibran.
Cibrán sempre enmarca a narración no tempo atmosférico, a choiva que caeu ese luns e que lle vale de excusa ante o "Señor".
O resto dos comentarios os deixo para que vos explalledes vosoutros o día 27 de maio, que e a nosa derradeira reunión por iste ano.

No hay comentarios: